Por estas datas, pero cinco séculos atrás, Cristobal Colón descubriu América; precisamente, con este motivo, a profesora Mª Luz colocounos un video sobre o tema na primeira entrada deste blog. Bueno pois nós, os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto nivel do Colexio Público Ramón Otero Pedraio de Viloira ( un barrio do Barco de Valdeorras ), tamén empezamos a navegar, claro que nós facémolo dende terra firme porque a nosa navegación é por internet, pero, ainda así, tamén fixemos un descubrimento : "O mundo dos blogs."
Hoxe, mandamos unha mensaxe a cantos estades á o outro lado do ordenador para decirvos que se vos interesa ler o que aquí iremos colocando estaremos encantados, e se queredes expresar a vosa opinión, deixarnos algún recado ou aportarnos algunha idea, máis ca mellor.
Moitas grazas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario