jueves, 24 de diciembre de 2009

O Apalpador




O papá Noel galego chámase : "O Apalpador".
Segundo a tradición, este tenro personaxe que vive nas montañas lucenses, fuma en pipa e leva un abrigo cheo de remendos, cando chega o Nadal baixa ata os pobos e, casa por casa, vai apalpando , mentres durmen, as barrigas dos nenos e nenas co fin de comprobar que están ben mantidos.
Xa di unha cantiga popular:

" Vaite logo meu neniño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña."

Nestas vacacións, os nenos e nenas do Barco estamos de sorte porque nas instalacións da Biblioteca Municipal poderemos disfrutar da súa presenza e , ó tempo, escoitar os contos que para nós trae preparados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario